-
Actividades Outono-Inverno 224/225
03-Octubre-2024 13:00
Compartimos a programación de actividades do Concello de Frades, que inclúe actividades para a rapazada, persoas adultas, cursos de formación e múltiples actividades.
Archivo adjunto: -
Curso gratuíto de elaboración de produtos lácteos
13-Junio-2024 12:45
O Concello de Frades organiza un curso gratuíto de elaboración de produtos lácteos, que terá lugar a principios do mes de xullo no centro sociocomunitario de Ponte Carreira. Trátase dun curso de 16 horas de duración, impartido por persoal do Laboratorio Lácteo Galego en horario de 10:30 a 14:30 horas.Nel aprenderás conceptos básicos do leite e a elaboración de iogures, queixos, doce de leite, requeixo, kefir, nata... Máis inform(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Campamento municipal de Nadal / Conciliación 2023
29-Noviembre-2023 11:45
O Concello de Frades convoca o seu Campamento Municipal de Nadal / Conciliación, que terá lugar os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e o 2, 3, 4, e 5 de xaneiro no CPI de Pontecarreira e no pavillón municipal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Haberá xogos, obradoiros, contacontos e moitas sorpresas.
Os campamentos están dirixidos a nenos e nenas en idade escolar e maiores de 4 anos. O prezo será de 10€ para rapazada empadroada en Frades ou escolarizada no CPI Pontecarreira (15 € (...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Bando Parque eólico Gasalla
16-Septiembre-2022 15:39
O Concello de Frades informa de que está aberto o período de alegacións ao proxecto de parque eólico Gasalla, que afecta aos concellos de Frades e Mesía. A empresa promotora, Green Capital Power SL, pretende instalar 7 aeorxeradores, cunha potencia total de 24,255 MW, unha torre metereolóxicas e unha subestación eléctrica transformadora.
O prazo de alegacións/achegas/opinións estará aberto do 19 de setembro ata o 31 de outubro.
O equipo de Goberno do Concello de Frades m(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Consumo responsable de auga
14-Julio-2022 09:00
O Concello de Frades fai un chamamento á responsabilidade veciñal na necesidade de facer un consumo responsable da auga da rede de abastecemento. Para garantir o subministro de auga para uso domiciliario e das explotacións gandeiras, QUEDA PROHIBIDO o uso da auga da traída municipal para encher piscinas e regar cultivos e xardíns. Grazas pola vosa colaboración.
Archivo adjunto: -
Promoción autonomía persoal: axudas técnicas e eliminación de barreiras arquitectónicas
10-Marzo-2021 12:41
O Concello de Frades convoca axudas para a adquisición de axudas técnicas ou eliminación de barreiras arquitectónicas para persoas en situación de dependencia e/ou discapacidade empadroadas no municipio. O prazo de presentación remata o 9 de abril. Máis información en www.frades.gal ou nos Servizos Sociais municipais (981 695 567). -
Día Internacional da Muller
08-Marzo-2021 15:18
O Concello de Frades súmase un ano máis á conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, coa campaña "Nós tamén pola iguladade", en colaboración co Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e co Ministerio da Igualdade. Unha campaña que inclúe "Pensando o 8 M", un vídeo no que oito veciños de Frades reflexionan sobre o que significa esta data, sobre as desigualdades de xénero presentes na nosa sociedade e sobre como superalas actuando todas as persoas unidas.
Podes ve(...)
...Haga click para ver completo. -
Actividades de Nadal 2020
15-Diciembre-2020 20:30
Compartimos contigo o programa de Nadal 2020 preparado polo Concello de Frades para estas datas. Todas as actividades son de balde pero, para cumprir cos protocolos de seguridade anti-covid, será preciso reservalas chamando ao 981 695 587 ou 981 695 663.
O alcalde e a corporación de Frades deeséxanvos un Bo Nadal e un Feliz Ano 2021!
-
Patrimonio Natural
14-Octubre-2020 09:04
O Concello de Frades, en colaboración co programa Ler conta moito da Xunta de Galicia, organiza o espectáculo musical \"Patrimonio natural\", que terá lugar este sábado 17 de outubro, ás 17:00 horas, no multiúsos de Frades. Entrada gratuita, previa inscrición no Concello antes deste venres: 981 695 567.
Archivo adjunto: -
Os Bolechas e a porta dos Camiños
09-Septiembre-2020 09:03
O multiúsos municipal de Frades acollerá o sábado 26 de setembro, ás 11:30 horas, o espectáculo \"Os Bolechas e a porta dos camiños\", unha nova aventura destes famosos personaxes creados por Pepe Carreiro. A participación é gratuíta, se ben é preciso anotarse no Concello antes do xoves 24 de setembro (981 695 567). Organiza: Concello de Frades, en colaboración co programa de dinamización lingüística \"FalaRedes\".
Archivo adjunto: -
Reanudación cómputo de prazos
01-Junio-2020 13:03
O Concello de Frades informa de que hoxe, 1 de xuño de 2020, reanúdase o cómputo dos prazos administrativos para a tramitación de procedementos que foran suspendidos no inicio da pandemia do coronavirus. Entre eles figura a presentación da declaración anual das persoas Pensionistas Non Contributivas (PNC), que estará aberta ata o 18 de xuño. Máis información nos Servizos Sociais: 981 695 567.
Archivo adjunto: -
Formación online: Coidado da Coidadora e Certificado de Manipulación de Alimentos
17-Abril-2020 11:20
O Concello de Frades e a ONG Mestura ofrecen dous cursos gratuítos de formación en liña dirixidos a mulleres de Frades e incluídos no Programa Neneiras: - "Coidado da coidadora", que dará comezo a próxima semana. - "Certificado de manipulación de alimentos", que terá lugar nunha data próxima aínda por concretar. Máis información e inscricións a través dos teléfonos: 981 661 840 e 604 002 519. O Programa Neneiras é froito da colaboración entre o Concello de Frades e a ONG Mestura, co financia(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Programa Neneiras dirixido a mulleres do rural de Frades
08-Abril-2020 11:44
O Concello de Frades e a ONG Mestura poñen en marcha un ano máis o Programa Neneiras, dirixido a promover a igualdade, a saúde e a inclusión social da muller no rural. Diante da imposibilidade de realizar os tradicionais cursos presenciais, o programa transformouse nun servizo telemético onde as mulleres de Frades poden obter: atención psicolóxica (669 86 79 78), asesoramento xurídico, apoio na realización de trámites por Internet, información e orientación sobre traballo, así como orientación l(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Servizo de impresión de deberes
03-Abril-2020 15:11
O Concello de Frades pon en marcha un servizo de impresión dirixido a escolares do municipio que non dispoñan de medios para imprimir os deberes asignados durante a corentena. Contacta connosco no mail: mariavillasenin@frades.gal indicando: nome e apelidos, teléfono, curso e centro educativo e dirección do domicilio. A entrega farase de xeito semanal.
Archivo adjunto: -
Medidas derivadas do estado de alarma polo coronavirus COVID-19
16-Marzo-2020 13:44
Compartimos contigo este Bando Urxente coas medidas derivadas do estado de alarma polo coronavirus COVID-19. Ademais, se es coñecedor/a dalgunha persoa que precise algún tipo de axuda para adquisición de produtos de primeira necesidades ou menciñas, que se poña en contacto co Concello (981 695 567) ou 649 034 377 (Roberto Rey, alcalde) ou 608 082 875 (Manuel Ferreiro, tenente de alcalde). #quedanacasa
Archivo adjunto: -
Galicia activa o plan de emerxencias
14-Marzo-2020 09:03
Compartimos contigo este resumo das medidas tomadas pola Xunta de Galicia para frear a propagación do Coronavirus COVID-19. Inclúe dende as coñecidas suspensións de clases para a rapazada ata as anunciadas onte pola noite polo presidente Alberto Núñez Feijoo de peche de bares, restaurantes e discotecas. Lembra que se manteñen abertas as tendas de alimentación, gasolineiras, quioscos, peixerías, carnicerías, roiterías, farmacias, panaderías.
Archivo adjunto: -
Medidas e recomendacións da Mancomunidade de Ordes ante a pandemia de coronavirus
13-Marzo-2020 12:43
Debido á situación xerada polo coronavirus, a Mancomunidade de Ordes acordou a suspensión de todas as actividades culturais e educativas (cursos de competencias clave, preparación do CELGA...) así como o peche da súa sede en Ordes e das oficinas dos servizos de atención temperá e de prevención de condutas aditivas. A atención será exclusivamente telefónica (981 68 00 02).
Archivo adjunto: -
Medidas e recomendacións ante a pandemia de coronavirus
13-Marzo-2020 12:32
Seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias, o Concello de Frades suspende todas as actividades culturais, educativas, sociais e deportivas ata novo aviso. Así mesmo, decrétase o peche dos edificios e instalacións municipais: biblioteca, multiúsos, pavillóns polideportivos, campos de fútbol, parques infantís e biosaudables, así como todos os locais sociais municipais. Dende o Concello manteremos informada á veciñanza dende o Facebook e "Frades Informa". En caso de dúbida, podes chamar(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Campamento de conciliación de Entroido
06-Febrero-2020 09:03
O Concello de Frades organiza un campamento gratuíto de conciliación para o luns 24 e o mércores 26 de febreiro, de 9:30 a 13:30 horas. Dirixido a nenos e nenas en idade escolar, o campamento incluirá xogos, obradoiros, contacontos e moitas sorpresas de Entroido. A participación é totalmente gratuíta, se ben o número de prazas é limitado polo que é necesario inscribirse antes do 21 de febreiro no Concello de Frades ou nos teléfonos 981 695 567 e 981 695 663.
Archivo adjunto: -
Concurso de Disfraces de Entroido 2020
05-Febrero-2020 20:30
O Concello de Frades abre o prazo de inscrición no seu tradicional concurso de disfraces, que terá lugar o domingo 23 de febreiro, ás 17:00 horas, no pavillón municipal de Ponte Carreira. Un concurso aberto a todos cantos se anoten no Concello de Frades ou nos teléfonos 981 695 567 e 981 695 663 antes das 14:00 horas do venres 21 de febreiro, xa que non se aceptarán inscricións o mesmo día do concurso. Máis información na web municipal e neste arquivo:
Archivo adjunto: -
Andaina solidaria e recollida de xoguetes
23-Diciembre-2019 12:18
O vindeiro domingo 29 de decembro desenvolverase unha Andaina solidaria e recollida de xoguetes a favor da Cruz Vermella. As persoas interesadas en participar deben anotarse no Concello antes do 27 de decembro. A saída será ás 10:30 horas desde a Praza da Pontecarreira en dirección á Capela de Augas Santas. Alí haberá un tempo de descanso para retornar ao punto de partida, onde se ofrecerá rosca e chocolate. A recollida de xoguetes será no punto de saída, nun posto que instalará a Cruz V(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Cursos de Informática
27-Noviembre-2019 09:03
O Concello de Frades organiza cursos de informática de 48 horas de duración e que terán lugar os martes e xoves, de 16:00 a 18:00 horas, na aula de informática de Frades. Comezamos o 7 de xaneiro. O prezo é de 25 euros/mes (30 euros para persoas non empadroadas). Máis información e inscricións no Concello ou chamando ao 981 695 567.
Archivo adjunto: -
O Concello de Frades #PoloBoTrato no 25 de Novembro
25-Noviembre-2019 08:31
O Concello de Frades quere manifestar neste 25N a súa postura de rexeitamento ante todo tipo violencia e o noso compromiso coa erradicación da violencia exercida contra as mulleres. Porque vítima a vítima, unha e outra vez, o listado de mulleres asasinadas a mans da violencia machista golpea as nosas conciencias polo que consideramos fundamental que as entidades locais traballemos na oportunidade real de avanzar na loita contra esta violencia. Os teitos de cristal existen, a discriminación labo(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Magosto e teatro musical
28-Octubre-2019 09:31
O Concello de Frades organiza este sábado 2 de novembro un magosto e unha actuación de teatro musical, ambas de acceso gratuíto previa inscrición no Concello (981 695 567 ou 981 695 663) ANTES DO XOVES 31 DE OUTUBRO. Comezamos ás 16:30 no multiúsos coa actuación \"A nena e o grilo. Máis aló\" (17:00 horas) e a partir das 18:30 horas teremos un magosto con obradoiros para os máis pequenos.
Archivo adjunto: -
Actividades de Outono e Inverno 2019/2020
11-Octubre-2019 13:05
Enviámosche o programa de actividades de Outono e Inverno do Concello de Frades, que nos próximos días se repartirán por todas as casas do municipio. Bótalle un ollo que seguro que atopas máis dunha actividade do teu gusto: deporte para persoas adultas, cursos e obradoiros formativos, excursións, Camiño de Santiago, actividades para nenos e nenas, magosto... Máis información e inscricións no Concello de Frades: 981 695 567 e 981 695 663.
Archivo adjunto: