• 2020-12-04 13:02:59
    Circulares

    Deste modo, o vindeiro MARTES 15 DE DECEMBRO ás 19h xuntarémonos para falar da Prevención dos Trastornos do Comportamento Alimentario no ámbito familiar, a través da plataforma Jitsi Meet, e da man de ABAC (Asociación de Bulimia y Anorexia de A Coruña).

    XUSTIFICACIÓN: Os Trastornos do Comportamento Alimentario (TCA) son alteracións psicolóxicas graves, cuxa incidencia está a aumentar de forma paradoxal nunha sociedade de opulencia pero que á vez rende un excesivo culto ao corpo e impón a delgadez como ideal de éxito e de beleza. Tanto a anorexia como a bulimia, non son só problemas de alimentación senón tamén do modo en que a persoa se valora e percibe a si mesma. É dicir; estamos a falar dun severo problema de saúde mental que ten tratamento. Afectan de forma característica á poboación feminina entre os 12 e os 25 anos, pero na actualidade obsérvase un aumento da súa aparición entre poboación masculina e idades máis temperás. Por estes motivos, pensamos que os programas preventivos deben incluír tanto ás familias como a toda a comunidade educativa para que se poida modificar de forma positiva o medio escolar e o fogar.

    OBXECTIVOS:

    1. Explicar en qué consisten os TCA.

    2. Identificar cales son aqueles aspectos e circunstancias que, dende a familia, poden ter unha influencia positiva na prevención dos TCA.

    3. Favorecer que a familia tome conciencia de que ten unha ampla capacidade de influencia sobre as fillas e fillos en materia de prevención de condutas inadecuadas.

    4. Facilitar á familia estratexias e recursos que permitan a súa actuación dun modo axeitado no que respecta a educación e á prevención de condutas inadecuadas nas fillas e fillos.

    5. Coñecer os perigos da malnutrición e a súa repercusión a nivel físico e psicolóxico.

    INSCRICIÓN: É necesaria a inscrición previa a través do seguinte formulario:

    https://forms.gle/xmZY7XdQjRNEbZQK8

    Recibiredes confirmación a través do correo electrónico, así como o enlace para acceder á actividade e as instrucións necesarias.




    Adjuntos: