-
ULTIMAS NOVAS XUNTA DE GALICIA COVID2021-03-18 11:35:45Info General
Trasladámoslle o resumo do DOG oficial respeto aos cambios normativos anunciados, derivadas da pandemia.
Enlace DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210317/2591/AnuncioC3K1-170321-3_gl.pdf https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210317/2591/AnuncioC3K1-170321-2_gl.pdf
RESUMO DO DOG:
AS NORMAS ENTRAN EN VIGOR ÁS 00:00 HORAS DO VENRES 19 (A MADRUGADA DO XOVES PARA O VENRES), é dicir, o venres xa están vixentes. Non se establece data de duración das medidas, só se avanza que o luns ou martes se revisarán os datos e valorarase de novo a situación.
Ribadeo atópase no nivel máis baixo, polo tanto, as normas aplicables a Melide son:- No comercio: sen cambios. 50% do aforo máximo. Hora normal de peche e servizo preferente a persoas maiores de 75 anos, do cal se debe informar debidamente.
- Hostalería: tanto en interior como en terraza, segue rexindo o plan de hostalería segura, polo cal as mesas que non se utilizan deberán seguir estando postas no local e precintadas e DEBERÁN VOLVER A DESCARGAR TAL E COMO FIXERON ANTES, OS NOVOS CARTEIS DA XUNTA COAS NOVAS CAPACIDADES PERMITIDAS. PARA ISO SE ESTABLECE UN PRAZO DE 3 DÍAS DENDE A ENTRADA EN VIGOR DESTA ORDE.
- No interior:
- Aforo ao 50 % da capacidade máxima
- Máximo de persoas por mesa 4 non conviventes
- Barras cerradas.
- Consumo sentado.
- Uso de máscara OBRIGATORIO.
- Mesas separadas a 1,5 metros
- Clientes só poden estar sentados.
- Peche ás 21:00 horas.
- Permítese mantener o servizo de recollida de comida para levar á casa ata as 21:30 horas.
- Permítese o reparto a domicilio ata as 24:00 horas.
- Na terraza:
- Aforo ao 75 % da capacidade máxima.
- Máximo de persoas por mesa 6 non conviventes.
- Consumo sentado.
- Prohibido fumar.
- Uso de máscara OBRIGATORIO
- Peche ás 21:00 horas
- Mesas separadas a 1,5 metros
- Hoteis:
- Estarán abertos sen prexuizo das limitacións vixentes de entrada e saída de persoas de determinados territorios. Os clientes que veñan de zonas de entrada restrinxida, é dicir, de calquera parte de España e de determinados lugares de Galicia, deberán facelo e por tanto, durmir no hotel baixo causa xustificada.
- Aforo máximo das zonas comúns ao 50% da capacidade máxima.
- Hoteis con servizo de spa, ximnasio...rexen as normas específicas de ditos sectores.
- Poderán dar servizos de hostalería e restauración aos seus hóspedes. Para os non hóspedes rexiranse polo establecido para a hostalería en xeral.
Respeto á mobilidade; Galicia segue pechada co resto do Estado, e permítese a mobilidade entre a práctica totalidade de concellos.
Toque de queda: mantense ás 22:00 horas.
De empeorar os datos de incidencia a 3 e 7 días, é dicir se nese número de días os casos aumentan nun concello, ese municipio pasará a niveis de maior restrición. Por iso, todos debemos ser escrupulosamente cumpridores COMO VIMOS SENDO para que a situación actual de Melide se manteña así.