• 2017-12-01 12:07:34
    Cultura y ocio

    O Concello de Cerdido, en colaboración coa Deputación da Coruña, ten programada unha obra teatral para este sábado día 2 de decembro as 17:00 horas na Area Recreativa O Castro. O grupo de teatro A Pombiña de Pedroso representará a obra cómica "A invitada". A asistencia é libre e gratuíta polo que vos convidamos a que asistades. Sen dúbida pasaremos unha tarde moi divertida. Despois do teatro a Asociación de Mulleres Rurais "Albar Quercus" celebrará o Día do Maior con chocolate con churros e música a cargo do Dúa Abrosía.




    Adjuntos: