• 2017-12-15 08:01:53
    Cultura y ocio

    Hoxe dará comezo a campaña de nadal en Cerdido. O concello, coa colaboración da Deputación da Coruña, ten programado un gran espectáculo de maxia no que os protagonistas serán os máis pequenos da casa. Tanto os nenos como os maiores poderán desfrutar desta actividade que terá lugar as 12:00 no CEIP A Barqueira e ao que tamén están convidados os nenos e nenas do concello de 0 a 3 anos. Un gran espectáculo que nos chega da man de Chrystyan Magic que nos fará ver cousas que levitan e obxectos que desaparecen entre outras moitas fantasías. Como colofón Papa Noel visitará as instalacións escolares para escoitar os desexos dos máis pequenos para estas datas de nadal.




    Adjuntos: