• 2017-12-27 12:56:30
    Cultura y ocio

    En Cerdido xa está todo preparado para recibir aos Reis Magos o vindeiro día 6 de xaneiro. Como tódolos anos as súas maxestades chegarán a Cerdido pola mañá e visitarán a feira da Barqueira formando parte da cabalgata que organiza o concello coa colaboración da Asociación Cultural Airiños dos Carrís. Recordámosvos que os nenos e nenas que queiran participar na cabalgata só teñen que comunicalo no concello. Pola tarde os Reis Magos tamen visitarán o polideportivo municipal no que se celebrará unha festa con inchables e actividades para nenos/as. E xa pola noite, continuará a troula coa festa que organiza, nas mesmas instalacións, a Comisión de Festas da Barqueira coa actuación do grupo Tapyöca.




    Adjuntos: