• 2018-03-08 09:50:34
    Info General

    O venres 16 de marzo as 19:30 horas a Asociación de Diabéticos Ferrolterra dará unha charla na Casa da Cultura para falar da diabete e os seus tratamentos actuais, a alimentación das persoas con diabete, complicacións e mitos entre outros temas relacionados con esta enfermidade.
    A xornada é completamente gratuíta, polo que se estás interesado/a en saber un pouco máis sobre a diabete, dende o concello animámoste a participar.




    Adjuntos: