• 2018-03-28 10:00:32
    Info General

    O día 27 de marzo de 2018 saíron publicadas no Boletín Oficial da Provincia as bases para a creación dunha bolsa de traballo no Concello de Cerdido para a contratación de persoal de Axuda no Fogar. As bases teñen por obxecto a elaboración dunha lista ou bolsa de traballo que servirá de base para a contratación laboral temporal ou nomeamentos interinos de persoal para o servizo de axuda no fogar no concello de Cerdido, para os casos de substitucións do persoal que está a prestar o servizo por vacacións, permisos, ILT, baixa por maternidade ou vacantes en devandito servizo. A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro xeral do concello de Cerdido ou na forma determinada polo artigo 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro do procedemento administrativo común durante o prazo de vinte días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP. Para máis información as persoas interesadas poden poñerse en contacto co Concello de Cerdido ou consultar as bases no BOP http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/03/27/2018_0000002176.html