• 2018-04-25 13:42:48
    Info General

    O día 16 de Abril saíu o programa “As Incubadoras de proxectos” que son un servizo da Dirección Xeral de Xuventude. As Incubadoras de proxectos son un servizo da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado destinado aos concellos, asociacións e grupos informais de mozos e mozas interesados en recibir de forma presencial, a través dun obradoiro práctico, información e asesoramento sobre as convocatorias desta Dirección Xeral no ámbito da educación non formal.
    Nas Incubadoras de proxectos expoñeranse os requisitos de solicitude e principais características dos programas Iniciativa Xove, Galeuropa, Deseñando ou teu futuro e ordes de axudas destinadas ás entidades de acción voluntaria; sen prexuízo de centraranse naqueles programas que maior interese susciten ao público asistente.
    O obxectivo desta iniciativa é facer accesible a información e o asesoramento sobre os principais programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a todos os potenciais beneficiarios, independentemente da súa localización xeográfica.
    Prazo de inscrición: do 16 de abril ao 2 de maio de 2018.
    Inscrición: a través de formulario electrónico.

    Máxima difusión entre a xuventude!!!

    http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/13865-incubadoras-de-proxectos-2018

    Máis información: info@rgdinamizacion.es




    Adjuntos: