• 2018-05-14 08:58:43
    Cultura y ocio

    O vindeiro xoves 17 de maio é o Día das letras Galegas, o día das nosas letras, este ano adicada a María Victoria Moreno. Esta escritora e profesora, galega de adopción, escolleu a nosa lingua para escribir gran parte das súas obras, xa que como ela definía a súa relación con Galicia e co galego era "unha historia de amor". O Concello de Cerdido celebrará esta data tan significativa para todos os galegos e galegas coa actuación do mago Benxamín o mércores 16 de maio grazas a colaboración da Deputación da Coruña. O mago estará no CEIP da Barqueira co espectáculo Maxico 2018. Esta actuación está organizada polo concello a través do programa ALICERCE da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Trala actuación, o concello repartirá libros en galego entre tódolos rapaces e rapazas para homenaxear o día da nosa lingua e fomentar a lectura en galego.




    Adjuntos: