• 2018-05-22 12:31:58
    Cultura y ocio

    O Concello de Cerdido participará un ano máis nos Campamentos Deportivos que organiza a Deputación da Coruña. Poderán participar nenos e nenas de entre 9 e 14 anos cumpridos no ano 2018 e que estean empadroados no Concello de Cerdido. Este concello dispón de 3 prazas para participar nos campamentos na 1ª quenda, do 1 ao 6 de xullo. A estancia e manutención realizarase nas instalacións do Colexio Calvo Sotelo, no concello de A Coruña e ten unha cota de participación de 85,00 €. Os nenos e nenas interesados en participar deberán inscribirse no concello antes do 15 de xuño de 2018. Se houbera máis interesados que prazas dispoñibles a adxudicación farase por sorteo. Dende o concello animámosvos a participar nesta actividade que seguro será unha boa experiencia.