• 2018-05-23 14:02:47
    Cultura y ocio

    Dentro da programación cultural do Concello de Cerdido a entidadeTíteres Cachirulo ofrecerá un contacontos para bebés o vindeiro mércores 30 de maio as 16:30 horas na Escola de Avispeira. "A rolos cos contos" está dirixido aos máis pequenos da casa acompañados de educadores e dos seus familiares pero poden participar tódalas persoas que o desexen. A actividade é completamente gratuíta e foi organizada coa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural 2018. Animámosvos a participar e esperamos que vos guste!




    Adjuntos: