• 2018-05-24 14:03:39
    Cultura y ocio

    Os nenos e nenas do CEIP da Barqueira tamén poderán desfrutar dos “Días de conto”. O xoves día 31 de maio Títeres Cachirulo estará no cole grazas ao programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Pola mañá, a partir das 12:10, o alumnado de primaria asistirá ao conta-contos “Pastoreando alegrías”, historias sen sentido que os farán rir. Pola tarde será a quenda do curso de infantil co conto “Orellas de Trapo”, no que poderán coñecer o mundo a través do seu entorno inmediato.




    Adjuntos: