• 2018-05-24 14:08:36
    Info General

    Ultimamente son bastantes as persoas que se achegan polo concello preguntando por casas que se aluguen no noso termo municipal. Seguramente moitas persoas teñades casas a venda ou en alugueiro pero nós descoñecémolo polo que dende o concello queremos darvos a oportunidade de que nolo comuniquedes. Con esa información faríamos unha base de datos para que cando acudan a nós persoas interesadas poidamos darlles información das vivendas e facilitar o alugueiro das que estean dispoñibles. Podes dirixirte a nós por teléfono, a través das redes sociais ou de xeito presencial nas oficinas municipais. A nosa labor só consistiría en ofrecer a información que nos deas ás persoas que buscan unha vivenda para que poidan poñerse en contacto cos arrendadores.




    Adjuntos: