• 2018-06-07 12:13:44
    Info General

    O Concello de Cerdido participará un ano máis nos Campamentos Deportivos que organiza a Deputación da Coruña. Poderán participar os rapaces e rapazas deste concello de 9 a 14 anos, cumpridos no ano 2018. A estancia será no Centro Calvo Sotelo en A Coruña, do 1 ao 6 de xullo.
    Este concello dispón de 3 prazas, polo que se houbese máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo ante a secretaria do concello. A cota de participación é de 85 € e inclúe o transporte interno, a estadía e a manutención na residencia e tódolos gastos que ocasionen as actividades programadas. O transporte dende o concello, tanto o de ida como o de volta, non está incluído no prezo, polo que irá por conta dos participantes. As persoas interesadas poden recibir máis información ou formalizar a súa pre-inscrición no concello antes do 15 de xuño.




    Adjuntos: