• 2018-07-12 12:18:03
    Noticias

    Dende Unións Agrarias – Upa fixéronos chegar información sobre un curso que están organizando sobre “Manexo de cultivo ecolóxico de mazá”. A formación impartirase en modalidade a distancia e terá unha duración de 100 horas. O curso é completamente gratuíto e vai dirixido a persoas en situación de desemprego. O prazo para rematar o curso é o 30 de setembro. Esta acción formativa enmárcase dentro do proxecto REDNAMAN a través do programa Empleaverde do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e a iniciativa da Fundación Biodiversidade para o impulso e a mellora do emprego, o emprendemento e o medio ambiente. Está cofinanciado polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación 2014-2020. Para calquera dúbida ou información poden poñerse en contacto cos organizadores do curso no mail: formación.unions@upa.es ou no teléfono 981 530 500




    Adjuntos: