• 2018-10-31 09:28:49
    Cultura y ocio

    Os nenos e nenas de Cerdido desfrutarán hoxe dunha xornada especial con Tótem Gestión, o Concello de Cerdido, grazas a colaboración da Deputación da Coruña, programou diferentes actividades para esta xornada de inicio das celebracións do magosto e o Samaín. Dentro do programa de actividades que se levarán a cabo no CEIP da Barqueira dende as 10:30 horas haberá tempo para que os rapaces desfruten de contacontos, xogos tradicionais e dun taller lúdico creativo no que os nenos e nenas de Cerdido crearán cestiñas terroríficas.