• 2018-11-07 13:02:26
    Cultura y ocio

    O vindeiro mércores 14 de novembro retomaremos os encontros para os nenos e nenas de 0 a 3 anos na Escola de Avispeira. Este día ademais será especial xa que celebraremos o aniversario dunha nena moi especial que xa participou o ano pasado nas actividades do centro, polo que haberá moitas sorpresas! Recordade, o vindeiro mércores esperámosvos en Avispeira as 16:30 para celebrar a festa de Carmen, e a partir dese día abriremos o centro tódolos mércores para facilitar que os máis peques poidan compartir o seu tempo de ocio e realizar actividades conxuntas con outros nenos e nenas da súa idade. Animádevos a participar, cantos máis sexamos mellor o pasaremos!




    Adjuntos: