• 2018-11-29 13:29:20
    Cultura y ocio

    O sábado 1 de decembro as 17:00 horas o grupo de teatro SCR A Pombiña estará na Área Recreativa O Castro para facernos pasar unha boa tarde coa representación da obra “Reinserción”. A través da comedia escenificarán o comezo no mundo laboral dunha muller de 60 anos e as complicacións que ten no seu primeiro día de traballo nunha clínica psicolóxica, como muller da limpeza. Na clínica inténtanse curar os problemas de varías persoas (adictos ao sexo, etc.). Sen dúbida unha boa ocasión para compartir unha tarde de risas como xa nos teñen acostumados dende a Asociación A Pombiña de Pedroso. O Concello de Cerdido organiza esta representación teatral coa colaboración da Deputación da Coruña, a través do programa Rede Cultural 2018. Dende o concello animámosvos a que asistades e que desfrutedes da tarde e da obra.




    Adjuntos: