• 2018-12-12 12:59:45
    Cultura y ocio

    Un ano máis o Concello de Cerdido contará na súa programación cultural co grupo de teatro Ghazafelhos, que estará no CEIP da Barqueira o venres 14 de decembro. Unha aposta segura que sempre acada un gran éxito entre o público infantil ao que vai dirixido pola profesionalidade dos membros que forman este equipo. A actividade está programada polo Concello de Cerdido coa colaboración da Deputación da Coruña a través do programa Rede Cultural. Xa estamos desexando que chegue o venres para volver a gozar do gran traballo deste grupo de teatro. Esperamos que o desfrutedes tanto coma nós!




    Adjuntos: