• 2018-12-19 13:29:46
    Cultura y ocio

    Proxección: Sicixia

    Xoves, 27 de decembro de 2018
    na Area Recreativa O Castro
    as 20:00 horas


    Con este proxección o Concello de Cerdido fai unha aposta polo valor do cinema galego e en galego e o achegamento ao público do cinema no noso idioma. Unha proxección especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero.
    A poboación de Cerdido poderá apreciar a riqueza, espectacularidade e diversidade das paisaxes e os sons, a singularidade cultural, social e gastronómica da Costa da Morte que están reflectidas de xeito máxico neste filme. Sicixia é unha longametraxe de ficción rodada na Costa da Morte, considerada na Antigüidade o punto máis occidental de Europa, Finisterrae, para os romanos.
    Sicixia retrata o inigualable patrimonio da Costa da Morte, mesturando ficción e realidade. Cada fotograma bebe en cada secuencia e matiz das xentes e da singularidade desta terra.
    Vía Láctea Films, co apoio da Deputación da Coruña, pon en marcha o plan de distribución e exhibición SICIXIA NA PROVINCIA DA CORUÑA, que levará a longametraxe Sicixia. Paseo polo amor e a Costa da Morte (Ignacio Vilar, 2016) a moitos concellos galegos entre o que se atopa o Cerdido.
    Sinopse
    Xiao, enxeñeiro de son, recibe un encargo para gravar os singulares sons de Costa da Morte. Alí coñece a Olalla, unha guía local que recolle algas no océano Atlántico e que lle axudará a mergullarse na idiosincrasia do lugar. A partir de aí, nesa lexendaria Finisterrae, as súas vidas fuxirán ao seu control coma mareas rexidas por unha lei superior.




    Adjuntos: