• 2018-12-28 08:55:30
    Cultura y ocio

    O Concello de Cerdido participará un ano máis no programa “CAMPAÑA DE INVERNO 2019” da Deputación da Coruña con 3 PRAZAS. A estancia e manutención desenvolveranse en aloxamentos ubicados na estación invernal de Cabeza de Manzaneda dende o 08/02/2019 ó 11/02/2019 (3ª quenda).

    Poderán participar rapaces e rapazas de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2019) e a cota de participación é de 85,00 €. O transporte dende a comarca, tanto de ida como de volta está incluído na oferta e os puntos da comarca onde terá lugar a recollida notificarase con abonda anticipación.

    Terán preferencia os/as rapaces/zas que non foran a ningunha campaña da neve da Deputación e no suposto de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas pola Deputación, realizarase un sorteo público ante o/a Secretario/a do concello para adxudicar as mesmas.




    Adjuntos: