• 2019-01-08 20:26:17
    Info General

    O Concello de Cerdido informa:
    Convocadas as axudas para facer fronte aos danos ocasionados pola fauna silvestre sobre os cultivos agrarios ou as explotacións gandeiras. Poderán optar a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas e titulares de explotacións agrarias onde se constaten os danos aos cultivos agrícolas e inscritas no Rexistro de explotacións agrarias de Galicia ou de autoconsumo. Cada expediente será único e comprenderá todos os danos producidos polo xabaril a unha mesma persoa beneficiaria antes da colleita.
    O prazo de solicitude estará aberto entre o 9 de xaneiro e o 8 de febreiro.
    Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190108/AnuncioG0532-191218-0002_gl.html







    Adjuntos: