• 2019-01-09 20:11:21
    Info General

    O Diario Oficial de Galicia publicou este luns a convocatoria de axudas do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares.

    A través da convocatoria para apoiar a instalación de caldeiras de biomasa para familias e comunidades de propietarios en zonas non densamente poboadas, concederanse apoios por 1,044 millóns de euros. O programa, cofinanciado con fondos Feader, contempla axudas de ata 60.000 euros.

    Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, así como as agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade.
    Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 23 de febreiro.
    As solicitudes de axudas serán presentadas polas entidades colaboradoras, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras. As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).




    Adjuntos: