• 2019-02-08 14:37:07
    Horarios

    A piscina climatizada da Área Recreativa O Castro abrirá de novo a tempada, despois de realizar diversas obras de reparacións e mantemento, o vindeiro venres 1 de marzo con cursos e actividades para persoas de tódalas idades. As persoas interesadas en inscribirse en algunha actividade ou recibir información sobre os horarios poden poñerse en contacto co persoal encargado no teléfono 630 871 602.




    Adjuntos: