• 2019-02-14 11:03:36
    Info General

    A Dirección Xeral de Gandería Agricultura e Industrias Agroalimentarias aprobou a resolución pola que se amplían as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena pola couza guatemalteca da pataca. O Concello de Cerdido, na súa totalidade, está incluído na zona tampón polo que neste concello estará permitido cultivar pataca, pero coa obriga de comunicalo indicando a identificación da parcela, a superficie plantada e o tipo de semente empregado. As comunicacións poderán realizarse a través das oficinas do Concello de Cerdido de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.




    Adjuntos: