• 2019-05-21 08:46:34
    Cultura y ocio

    Hoxe os nenos e nenas de Cerdido celebrarán o día das letras galegas con Pakolas e o seu espectáculo “Cores, contos e Rock’n’roll”. A actividade está incluída dentro das actividades que o Concello de Cerdido programa ao longo do ano para fomentar o libro e a lectura entre os máis novos. Unha actividade que conta coa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural. Ao rematar o espectáculo, o alcalde repartirá libros en galego a tódolos nenos e nenas do centro.




    Adjuntos: