• 2019-05-22 11:00:53
    Info General

    O Concello de Cerdido ten previsto modificar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para adaptalo á realidade do concello. O prazo para presentar as propostas dos propietarios e propietarias das parcelas remataba o pasado 15 de maio, pero debido ao gran número de solicitudes e que moita xente non soubo do inicio deste procedemento, ampliarase o prazo ata o 15 de xuño, para que tódalas persoas interesadas poidan presentar as súas alegacións nas oficinas municipais.