• 2019-07-05 14:22:07
    Horarios

    Con motivo da celebración das festas de San Martiño de Cerdido, e despois de realizar as xestións necesarias ante a Xunta de Galicia, o concello informa que durante os días 5, 6 e 7 de xullo todos os establecementos públicos de hostalería do termo municipal contan con autorización para pechar unha hora máis tarde. Do mesmo xeito a verbena poderá ser ampliada tamén nunha hora dende a hora de finalización esixida por lei. Dende o concello desexámosvos a todos e todas unhas boas festas!




    Adjuntos: