• 2019-08-29 09:48:48
    Horarios

    Con motivo da celebración das festas do Rosario esta fin de semana en A Barqueira, e despois de realizar as xestións necesarias ante a Xunta de Galicia, o concello ten o gusto de comunicarlles que os días 30 e 31 de agosto e 1 de setembro todos os establecementos de hostalería do termo municipal contan con autorización para pechar unha hora máis tarde. Do mesmo xeito a verbena poderá ser ampliada tamén nunha hora dende a hora de finalización esixida por lei. Dende o concello esperamos que esta información sexa do voso agrado e desexámosvos a todos e todas unhas boas festas!