• 2019-09-04 12:33:31
    Cultura y ocio

    Na parroquia de Os Casás Cerdido celébrase este Domingo 8 de setembro a XIII Edición da malla tradicional organizada pola Asociación Restauracións de Os Casás, un evento que reúne a numeroso público de toda a comarca e arredores, unha cita xa consolidada no fin do verán.Trátase dunha fiel recreación dos labores da malla tradicional onde se utilizan máquinas restauradas de principios do século XX. A poucos metros do recinto pódese visitar unha colección de máquinas catalogadas e restauradas que se atopan na nave exposición de maquinaria antiga, haberá tamén exposición de coches clásicos. A malla popular arrincará ás 10:45 horas e estará acompañada de consumicións de licor de cana e viño doce. Ao seu termo, sesión vermú co dúo JM. Tamén haberá comida, desde as 14:30 horas e por 20 euros. Venderanse os billetes no toldo do campo da malla desde as 10:00. O menú inclúe callos, churrasco, criollo, cachelos, pan e sobremesa, ademais de viño, gasosa, auga e café. Os comensais serán servidos baixo carpa por parte de camareiros. O grupo musical retomará a súa actuación ás 17:00 horas.






    Adjuntos: