• 2019-09-27 09:17:13
    Info General

    Unha vez publicada a convocatoria de Eleccións a Cortes Xerais 2019, que se celebrarán o 10 de novembro, as listas do censo electoral estarán expostas ao público nas oficinas municipais entre os días 30 de setembro e 7 de outubro. Durante este prazo, calquera persoa pode consultar os seus datos censuais e presentar unha reclamación administrativa se detectase algún erro.