• 2019-10-11 07:46:24
    Cultura y ocio

    Xa está todo preparado para que veñades a desfrutar das actividades que temos previstas para os días 2 e 3 de novembro no Campo da Feira de A Barqueira.
    O día 2 haberá unha festa con música dos 80 organizada pola Asociación de Mulleres Rurais Albar Quercus. Dende a organización animan a todo o mundo a que veña vestido da época.
    O domingo día 3, o concello, realizará a tradicional Feira adicada a Chanfaina con degustación gratuíta do produto durante a mañá e pola tarde celebrarase o Magosto e o Samaín con actividades para nenos e maiores ademais do concurso de cabazas decoradas no que se obsequiarán as mellores con grandes premios. A Asociación Albar Quercus poñerá a música para amenizar a xornada cunha sesión vermú a cargo de Nuria. Non faltedes!




    Adjuntos: