• 2019-11-06 13:29:29
    Cultura y ocio

    O vindeiro venres 15 de novembro, en colaboración co Concello de Cerdido, a garda civil celebrará unha exhibición no CEIP de A Barqueira. O evento está especialmente dirixido a comunidade escolar, pero poderán asistir todas as persoas que o desexen. Ao acto convidouse a tódolos centros educativos da zona , aproveitando a ocasión para conmemorar o 175 aniversario da creación da Garda Civil.
    A exhibición consistirá en mostrar os medios dos que dispón a Garda Civil, darllos a coñecer a toda a comunidade e que poidan velos e coñecer o seu funcionamento. Unha oportunidade para ver de preto os vehículos e o material que se utiliza para realizar os servizos que prestan e así dar a coñecer as diferentes labores que realizan, os medios dos que se dispoñen, o seu funcionamento e que os asistentes saiban máis do traballo que realizan pola comunidade da man dos propios axentes que realizan os servizos.
    Medios e especialidades participantes na exhibición:
    -Seguridade cidadá
    - Tráfico
    - Seprona
    - Policia Xudicial
    - Servizo Cinolóxico




    Adjuntos: