• 2019-11-12 12:56:58
    Cultura y ocio

    O Concello de Cerdido participará un ano máis na “Campaña de inverno” da Deputación da Coruña que se desenvolverá na estación invernal de Cabeza de Manzaneda. Poderán participar os rapaces e rapazas deste concello que teñan entre 11 e 15 anos, ambos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2020). Este concello dispón de 3 prazas polo que se o número de solicitudes fose maior ao número de prazas realizaremos un sorteo público ante a secretaria do concello para adxudicar as prazas. Terán prioridade os rapaces/as que non foran a ningunha campaña da neve da Deputación.
    Os rapaces e rapazas de Cerdido participarán na 4ª quenda, que vai dende o 14/02/2020 ao 17/02/2020 e unha vez confirmada a súa asistencia deberán aboar a cantidade de 85,00 € como cota de participación. Na oferta está incluída a estancia, manutención e o transporte de ida e volta dende un punto da comarca.
    Para recibir máis información ou facer a pre-inscripción deben dirixirse ao Concello de Cerdido ou no teléfono 981 41 10 00, antes do 4 de decembro de 2019.




    Adjuntos: