• 2019-11-26 13:35:11
    Info General

    O Concello de Cerdido participa, un ano máis, na campaña En Negro Contra a Violencia de Xénero. Unha campaña que agrupa a máis de cen concellos galegos e as Deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra e que quere dar visibilidade a unha loita da que nos sentimos parte e coa que estamos moi sensibilizados. O noso obxectivo é involucrar a toda a poboación, e no noso caso a xente de Cerdido para que a mensaxe chegue ao maior número de xente posible e tratar así de concienciarnos da grande lacra que supón para a nosa sociedade o maltrato xa sexa contra a muller, contra o home ou contra a infancia e de calquera xeito que se mostre tanto físico, psicolóxico ou que supoñan calquera discriminación por razón de xénero. Queremos que a nosa mensaxe sexa un berro conxunto de toda a sociedade e que se escoite ben alto que non estamos dispostos a seguir tolerando máis violencia de xénero. Dende o Concello leváronse a cabo varias iniciativas para dar promoción a campaña entre elas visitar os negocios do concello para sacar fotografías coa mensaxe “en negro contra a violencia”, fotos que serán publicadas na páxina web do concello e nas redes sociais. Ademais entregáronse mandilóns e outro material co logo da campaña. Agradecemos que un ano máis vos unisedes a esta iniciativa e o apoio de tódalas persoas, negocios, alumnado do CEIP e asociacións que se sensibilizaron e colaboraron con nós nesta loita que é de todos e todas ... Xuntos podemos!




    Adjuntos: