• 2019-11-28 18:49:22
    Info General

    CONCELLO DE CERDIDO
    Acto polo 25 de novembro Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

    Data e horario : martes 3 de decembro de 2019 ás 16,30 H.

    Lugar : Casa da cultura do concello de Cerdido.

    Actividade : "IGUAL A NÓS" Dinamización en igualdade e prevención da violencia de xénero.

    Representación escénica e debate-coloquio para afondar nos conceptos e aspectos abordados na representación , fomentando a participación social das mulleres maiores.

    Obxectivos: mellorar a calidade de vida das mulleres; promover e sensibilizar na educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero; sensibilizar e concienciar as persoas para a ruptura dos estereotipos de xéneros existentes; potenciar o uso das novas tecnoloxías como ferramenta de comunicación e formación; e fomentar a participación social e o encontro entre mulleres como mecanismo de mellora da autoestima persoal e grupal.

    A duración da actividade é dunha hora, e consta das seguintes partes: unha presentación, con unha breve explicación do proceso en cada unha das súas fases; un desenvolvemento, no que se levará a cabo unha representación escénica de 30 minutos de duración, dirixida a abordar conceptos básicos de igualdade e prevención da violencia de xénero, e como eixo vertebrador empregarase as novas tecnoloxías, especialmente o uso do móbil. Unha vez rematada a representación escénica, realizarase unha reflexión grupal de 20 minutos de duración. De seguido, establecerase un coloquio para que todas as persoas poidan expoñer as súas inquedanzas e as súas reflexións, e tamén clarificar conceptos abordados durante a representación escénica; e un desenlace, reforzamento do aprendido na actividade a través dunha performance contra a violencia de xénero, co obxecto de reflexionar sobre todo o abordado durante a sesión.

    Dirixido a : participantes no curso de memoria e calquera outro público interesado.

    Organiza : Concello de Cerdido.

    Promociona : Vicepresidencia do Goberno de España . Secretaría Xeral da Igualdade.




    Adjuntos: