• 2019-12-13 09:15:56
    Cultura y ocio

    O vindeiro sábado 14 de decembro o teatro regresa a Cerdido da man do Grupo de Teatro “A Pombiña” de Pedroso. A representación teatral de “Defectos de fábrica” comezará as 17:00 horas na Area Recreativa O Castro. A entrada é libre e gratuíta e estades todos e todas convidados a vir desfrutar do bo traballo que realizan os integrantes deste grupo teatral que, coma sempre, nos fará pasar unha tarde de risas coas súas ocorrencias. Esta actividade está organizada polo Concello de Cerdido coa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural 2019.




    Adjuntos: