• 2019-12-26 12:08:33
    Cultura y ocio

    O luns día 6 de xaneiro, como cada ano, Cerdido celebrará a tradicional Cabalgata de Reis. Pola mañá os Reis Magos acompañados de varias carrozas visitarán a feira de A Barqueira a partir das 11:00 horas e asistirán a misa que se celebrará na Igrexa Parroquial de San Antonio. A cabalgata irá acompañada da música da Asociación Cultural “Airiños dos Carrís” que como en anos anteriores colabora co concello na organización do evento. Pola tarde, as súas maxestades visitarán o pavillón polideportivo no que se celebrará un festival con xogos e inchables a partir das 16:30 horas. Os nenos e nenas que desexen participar na cabalgata deberán comunicalo con anterioridade no concello, falando coa directiva da Asociación Cultural “Airiños dos Carrís” ou no teléfono 981411000.




    Adjuntos: