• 2020-01-24 14:00:21
    Cultura y ocio

    O sábado 22 de febreiro Cerdido celebrará o entroido con unha festa gratuíta e aberta ao público na que haberá inchables e xogos tradicionais. A festa comezará as 16:30 no pavillón polideportivo e terá unha duración aproximada de 3 horas. A partir das 20:00 horas celebrarase o I concurso de comparsas coa colaboración da ANPA “Os Carrís”. A participación no concurso será libre, sen bases nin normas e as inscricións deberán facerse antes do 10 de febreiro nos teléfonos 696 119 059 ou 646 110 001. As agrupacións participantes poderán optar a un dos premios de 200 € e 100 € respectivamente.




    Adjuntos: