• 2020-02-27 08:52:14
    Info General

    As operadoras de telefonía móbil Telefónica, Vodafone e Orange, continúan coa implantación da rede 4G na banda 800MHz en Cerdido, o que permitirá aos veciños e veciñas desfrutar de conexións móbiles de alta velocidade con unha mellor cobertura. Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa Televisión Digital Terrestre (TDT), os operadores puxeron en marcha Llega800, entidade encargada de solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión. A chegada do novo 4G ofrecerá aos veciños e veciñas de Cerdido máis e mellor cobertura, sobre todo en lugares que pola súa orografía tiñan moitos problemas de cobertura, pero este novo servizo pode interferir coa recepción do sinal de televisión. Para garantir a compatibilidade Llega800 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión do 4G na banda 800MHz e a recepción do servizo de TDT. Para garantir esta compatibilidade, Llega 800 presta aos veciños/as unha serie de servizos gratuítos que inclúe un procedemento correctivo, tras o acendido das estacións, xestionando e resolvendo os posibles problemas sen custo algún para os usuarios. Os veciños e veciñas que tralo acendido das novas estacións detecten problemas coa recepción do sinal da TDT só teñen que poñerse en contacto coa empresa no teléfono de atención gratuíto 900 833 999 ou na páxina web www.llega800.es




    Adjuntos: