• 2020-03-24 12:30:09
    Info General

    Segundo Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) e Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, as estacións de ITV da Comunidade Autónoma de Galicia estarán pechadas, incluíndo as ITVs Móbiles.

    A disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020 (suspensión de prazos administrativos) establece a suspensión dos prazos de validez de permisos, autorizacións, licenzas ou documentación acreditativa que requiran ampliación expresa ou nova autorización, polo tanto, durante este período, a obriga de realizar inspeccións técnicas está suspendida.

    Dado que en aplicación da disposición transitoria terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, os prazos impostos pola administración para realizar a inspección quedan suspendidos, aqueles vehículos aos que lles caduque a inspección neste período poderán circular sen problemas relativos a multas e seguros. Para máis información, consulte a Dirección Xeral de Tráfico e a Dirección Xeral de Seguros, respectivamente.




    Adjuntos: