• 2020-04-13 14:00:11
    Cultura y ocio

    Debido ao estado de confinamento polo que estamos obrigados a quedar na casa, este ano, o concurso de contos farémolo a través de medios telemáticos. Se tes menos de 14 anos, dende o concello queremos animarte a que participes no concurso creando un conto, lenda ou historia que fale de Cerdido e nola fagas chegar por calquera dos medios que che ofrecemos. Deberás acompañar o conto cos teus datos: nome e apelidos, enderezo, teléfono de contacto e curso no que estas matriculado na actualidade. Deste xeito poderás optar a un dos premios, segundo as diferentes categorías. Este ano, para premiar o bo comportamento de tódolos nenos e nenas, que están cumprindo e dando un gran exemplo de solidariedade e responsabilidade quedando na casa, o concello terá algunha sorpresa preparada, ademais dos premios, para cando poidamos saír e celebralo todos xuntos!




    Adjuntos: