• 2020-04-27 13:36:39
    Servicios

    Dende o Concello de Cerdido e debido a situación de alarma provocada polo Covid-19, poñemos en marcha un novo servizo de axuda para aquelas familias que teñen dificultades para acceder e imprimir as tarefas escolares. Se queres acceder a este servizo só tes que poñerte en contacto co concello a través do teléfono 981411000 ou do correo electrónico cultura@cerdido.es e deixar os teus datos para que podamos contactar contigo e axudarte segundo as túas necesidades. Esperamos que esta nova iniciativa sexa do voso interese e axuda.




    Adjuntos: