• 2020-05-11 11:10:17
    Info General

    O Concello de Cerdido acaba de adquirir un novo pedido de mascarillas, e dado que este luns día 11 comezamos a fase 1 de desescalada, informamos a tódolos veciños e veciñas que o reparto se vai facer extensivo a toda a poboación en xeral, sen límite de idade e sen necesidade de ser grupo de risco. Dende o concello, nun primeiro momento, pretendeu atenderse as persoas máis vulnerables como son os nenos, as persoas maiores e as persoas de risco, pero día a día traballamos por intentar dar cobertura a toda a poboación. Se queres solicitar mascarillas só tes que poñerte en contacto co concello de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas no teléfono 981 41 10 00. Tamén queremos informar a tódolos propietarios/as de negocios e/ou traballadores que non teñan acceso a equipos de protección que no concello poden solicitar mascarillas e pantallas. Agradecemos a vosa colaboración e comprensión e queremos transmitirvos moito ánimo nesta nova fase que de seguro nos levará polo bo camiño, con responsabilidade e sentidiño!




    Adjuntos: