• 2020-06-10 12:34:07
    Info General

    Dende hoxe e ata o día 19 de xuño poderase facer a comunicación no concello para realizar as luminarias de San Xoan e San Pedro no termo municipal de Cerdido. Este ano, só está permitido realizar as luminarias en terreos privados e adoptando determinadas medidas de precaución así como as medidas de seguridade necesarias indicadas no Decreto 105/2006, do 22 de xullo, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, e demais normativa vixente neste eido.

    Segundo o disposto na Orde SND/458/2020 de 30 de maio de flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional establecidas trala declaración do estado de alarma en aplicación da fase 3 do Plan para a transición a unha nova normalidade débense respectar as medidas de seguridade e hixiene, así como o mantemento da distancia mínima de seguridade de polo menos 2 metros, e grupos de un máximo de 20 persoas.




    Adjuntos: