-
Dende mañá mércores quedan prohibidas en Galicia as queimas agrícolas e forestais2020-06-30 18:00:58Info General
A Consellería de Medio Rural informa de que a campaña de alto risco de incendios forestais en Galicia comeza mañá, mércores 1 de xullo, e estenderase ata o 30 de setembro. Isto supón a suspensión das queimas, polo que quedou interrompida a tramitación das comunicacións para as queimas agrícolas, así como a dos permisos para as queimas forestais.
Medio Rural lembra que existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: o 900 815 085.no caso de detectar un incendio forestal chamar ao teléfono gratuito 085