• 2020-07-21 13:44:03
    Cultura y ocio

    O Concello de Cerdido recupera este ano, coa colaboración da Deputación da Coruña, o cine de verán con tres grandes películas de diferente xénero. As proxeccións realizaranse ao aire libre, sempre que o tempo o permita, unha en cada unha das tres parroquias que forman o concello.

    A primeira proxección realizarase no Campo da Igrexa de Os Casás o venres 7 de agosto coa película “A galiña turuleca”, unha comedia para tódolos públicos e dirixida especialmente aos nenos/as e familias. O 29 de agosto o cine chegará a parroquia de Cerdido con “La casa del reloj en la pared” e para rematar o ciclo de cine, proxectarase “Bohemian Rhapsody” o 4 de setembro na Barqueira.

    Dende o Concello pretendese facer unha aposta pola programación cultural cumprindo con tódalas medidas de seguridade que nos veñen impostas por esta época difícil que estamos a vivir. Os aforos son limitados e agradeceríamos que as persoas interesadas en acudir reserven a súa cadeira con antelación no teléfono 981 41 10 00, ademais de recordar que o día das proxeccións é obrigatorio acudir con mascarilla e respectando as distancias de seguridade.




    Adjuntos: