• 2020-07-24 12:10:45
    Cultura y ocio

    O luns 31 de agosto o grupo de teatro “Os Ghazafelhos” volverá a Cerdido para representar unha nova obra de teatro na Área Recreativa O Castro. O aforo é limitado polo que se queres asistir só tes que chamar ao concello (Tél. 981411000) e reservar a túa cadeira. Recorda que debemos cumprir con todas as medidas preventivas para garantir a túa seguridade e a de todos así que será obrigatorio acudir con máscara de protección e respectando as distancias de seguridade. Aínda así, aseguramos que a obra será todo un éxito, como tódalas representacións que leva feito o grupo Ghazafelhos en Cerdido, que sempre teñen moi boa acollida entre os rapaces e rapazas. Se podes, non o dubides, inscríbete e achégate a desfrutar desta xornada teatral en Cerdido. Aposta pola cultura!




    Adjuntos: