• 2020-08-28 12:51:11
    Info General

    Os veciños e veciñas de Cerdido están recibindo chamadas dunha empresa que pregunta datos persoais e din que en colaboración co concello van pasar polas casas para facer unha pequena enquisa e deixar material de prevención ante o COVID-19. Dende o concello queremos informar que non se está a colaborar con ningunha empresa para que visite aos veciños polo que lles recomendamos que tomen as precaucións necesarias, que non dean os seus datos persoais e que non deixen entrar nas súas casas a persoas descoñecidas. Agradecémosvos tamén que informedes aos vosos veciños e veciñas que non teñan acceso as redes sociais, sobre todo persoas maiores, para que tomen as medidas de precaución axeitadas. Grazas a todos pola vosa colaboración.